AXENDA DOCUMENTAL:
1. Cinemanía:
É unha páxina web e ao mesmo tempo revista que conta cun
amplo repertorio non só de cine, senón tamén de series, curtas e trailers.
Múltiples posibilidades ofrece dita páxina en idioma castelán, sendo unha das
máis demandadas a nivel nacional, distribuída pola editorial El País. Conta ademáis con páxinas en
Facebook, Twitter, Google+, etc.
A revista é sacada á venta cada mes, mentres que a páxina
web renóvase cada semana con novos avances e curiosidades sobre o mundo
audiovisual. Conta con críticas de estudosos e apaixoados polo cine, e moitos
usuarios inscríbense nela como medio para interconectarse e comentar a súa
paixón polo mundo do audiovisual.
URL: www.cinemania.es
2. Cinepapaya:
Tamén aporta información sobre festivais e horarios dos
cines españois, e conta cun buscador que facilita a búsqueda da película
concreta na que o usuario pode estar interesado.
URL:
www.cinepapaya.com
3. Cada día un
fotógrafo:
O blogue "Fotógrafos en la red" ou "Cada día
un fotógrafo" (recibe os dous nomes) foi creado por Luis Martínez Aniesa,
fotógrafo aficionado de San Sebastián, no que cada día comparte unha reseña sobre
un fotógrafo determinado, incluíndo referencias adicionais que se poden
consultar para ampliar información.
Trátase dun blogue moi útil para todos aqueles aficionados á
fotografía, xa que aporta datos sobre as técnicas de cada fotógrafo, a súa
obra, así como curiosidades que poden resultar moi interesantes.
4. El documentalista
audiovisual:
Trátase dun blogue fundado en 2012 por dúas licenciadas en
Historia e Documentación: Isabel Borruel e Patricia Wert. Especialízase no
mundo da documentación no ámbito audiovisual, a social media e a xestión de
arquivos audiovisuais. Aporta información moi contrastada e que pode ser de
gran utilidade para adentrarse no mundo da documentación.
5. Sensacine:
Sensacine forma parte do grupo AlloCiné, un network
internacional sobre cine e series que suma 25 millóns de usuarios ao mes en
todo o mundo. A súa sede está ubicada en París, e a súa páxina amosa todas as
novedades tanto de estrenos coma de críticas e opinión dos usuarios, ademáis de
ofertar a opción de compra de entradas online.
URL: www.sensacine.com
6. Filmaffinity:
É unha das bases de datos máis importante e completa do cine
en español en Internet, coñecida por ser referencia en consulta de valoracións,
puntuacións medias e críticas dos usuarios. Pódese entender coma unha especie
de rede social na que poder consultar e compara opinións con amigos sobre
calquera película ou serie.
URL:
www.filmaffinity.com
7. Ministerio de
Educación, Cultura e Deporte:
O MECD conta cun apartado na súa páxina web adicado
especialmente ao mundo audiovisual e, concretamente, ao cine, xestionado polo
ICAA. Pódese consultar na páxina infomación moi contrastada sobre películas
(espectadores, taquilla, productora, etc.) así coma consultar noticias de
interese e de actualidad e informarse sobre as axudas do Ministerio adicadas ao
desenvolvemento de proxectos audiovisuais.
8. Blog del
fotógrafo:
Trátase dun blogue creado polo aficionado á fotografía Mario
Pérez, no que os usuarios únense para compartir a súa paixón pola fotografía.
No blogue tamén se poden encontrar consellos sobre cámaras de fotografía,
accesorios e artículos para iniciarse no mundo da fotografía, polo que
consideramos que pode ser moi útil para os que aínda non teñan un coñecemento
profundo nese ámbito.
9. Cultura Inquieta:
Trátase dunha revista dixital de arte, que, malia aportar
información de todas as áreas, está especializada no mundo da fotografía e o
cine. Conta cunha presencia global,
tanto pola revista como polas redes sociais e tamén levan a cabo un festival no
verán. O se obxectivo principal é acercar a arte e a cultura a todas as persoas
que amosen interese no tema, e demostrar que a arte é unitaria,
independentemente das idades, os sexos ou os gustos.
10. Vimeo:
É unha rede social que se creou en 2004, que permite
compartir e almacenar videos dixitais na páxina, así coma comentalos. Así
creouse unha comunidade na que todos aqueles interesados en compartir as súas
creacións poden levalo a cabo.
URL: www.vimeo.com
11. Páxina web
oficial dos Oscar:
Os Oscar contan cunha páxina web oficial na que podemos
consultar as últimas novedades e información contrastada sobre a gala e os
premios, así como videos, fotos e fragmentos da gala e da alfombra roja.
URL: http://oscar.go.com/
12. RTVE.es:
A RTVE conta cunha páxina web oficial tamén cun contido moi
amplo, que permite ao usuario consultar as últimas noticias, así coma
documentarse no arquivo e tamén acceder aos programas de radio. Tamén aporta
unha opción "á carta" na que se poden ver os episodios das series
emitidas e demáis programas a través de Internet, no momento e lugar que se
quera.
URL: http://www.rtve.es/
13. A cámara lenta:
Blogue creado pola cinéfila Reyes Lorenzo, no que comparte información
e as súas opinións e críticas sobre todo tipo de películas, así como elabora
rankings persoais de películas segundo os anos.
14. 365 enfoques:
Trátase dun blogue creado por Javier Llanos no que comparte
consellos e tutoriais sobre fotografía, ao tempo que ensina e aporta trucos
sobre cómo contruir un blogue efectivo e chamativo na actualidade, así como a
mellor forma de adentrarse nas redes sociais.
15. El séptimo arte:
É unha páxina web moi completa e actualizada na que se pode
atopar información e noticias sobre os últimos estrenos, actores e atrices,
críticas, e tamén conta cun foro no que compartir opinións e críticas entre os
usuarios.
Axenda: non correcta, sen seguir os parámetros establecidos:
ResponderEliminarNombre/Marca
Descripción
Autoría
Organización
Idioma
URL