mércores, 16 de marzo de 2016

Autoridade e televisión: “El juego de la muerte”


“Le jeu de la mort” é un documental que reproduce un experimento social realizado en Francia no ano 2009, o cal tiña como obxectivo analizar ata que punto chegaba a influír a autoridade no comportamento dos suxeitos en televisión. 
O experimento consistía en captar un amplo número de suxeitos aos que, unha vez se ofreceran voluntariamente, se lles dicía que ían participar no episodio piloto dun concurso televisivo. O concurso contaba con dous participantes, un examinador (o voluntario que ía ser suxeito da investigación), e o examinado, representado por un actor.
 O examinador situábase no plató, acompañado pola presentadora e polo público, e era o encargado de realizarlle ao examinado (que se atopaba nunha especie de sala externa, fóra da vista do examinador, sentado nunha cadeira metálica) unha serie de preguntas. Se o examinado se equivocaba, o concursante víase obrigado a proporcionarlle unha descarga eléctrica, cuxa voltaxe ía en aumento a medida que crecía o número de erros.
O falso examinado respondía ante o castigo con gritos gravados, e manifestaba o seu desexo de parar, pero os resultados do experimento amosaron que un 81% dos suxeitos chegaron ata o final, e que o público tamén amosaba sumisión ante a autoridade representada pola presentadora.

1.   Qué se trata no documental?
Neste documental trátase principalmente o tema da obediencia e sumisión que manifestan  determinados individuos, en representación do resto da sociedade, ante a autoridade. Con isto, púñanse en xogo os valores éticos e morais dos concursantes, cando eran eles os encargados de aplicar un castigo físico a un descoñecido baixo a presión da autoridade, neste caso representada polo programa de televisión e a presentadora, aínda que realmente eran ficticios, unha simple interpretación.

2.   Antecedentes do experimento

2.1 Stanley Milgram

 O experimento realizado no 2009 do que trata o documental baseouse nun experimento anterior realizado polo psicólogo estadounidense Stanley Milgram. O método de experimento foi moi similar, case idéntico ao programa francés, coa excepción de que non se centraba no ámbito televisivo, se ben é certo que aos participantes se lles comunicaba que estaban sendo gravados. Tamén contaba con dos suxeitos, examinador e examinado, situados en dúas cabinas illadas, e o proceso de preguntas e respostas era exactamente igual. O castigo tamén era unha descarga eléctrica,  e o examinado era tamén un actor que proporcionaba unha resposta falsa.
Os resultados obtidos por Milgram, sen embargo, foron máis baixos que os do experimento realizado no 2009: un 65% dos participantes foron capaces de outorgar a descarga máxima de 450 voltios, case un 20% menos que no programa.

2.2 Obediencia ao III Reich

O holocausto nazi foi o punto de partida que levou a Milgram a desenvolver e poñer en práctica, a partires de 1961, este experimento social cuxo obxectivo consistía en analizar ata que punto a xente común podía ser sometida a calquer forma de autoridade, de xeito que fixera o que esta lle pedira, incluso se isto requiría facer dano extremo a outros.

A investigación de Milgram presenta influencias de outras personalidades do ámbito da psicoloxía, centrados no tema da conformidade social, que tivo gran presenza durante o período de entreguerras (1918-1939) e que xustifica o interés que Milgram puxo nese asunto.

Concretamente, o caso que lle chamou a atención foi o xuízo do tenente coronel das SS Adolf Eichmann no 1960, unha persoa con boa saúde física e mental, que foi acusado e culpable de levar a cabo crimes contra a humanidade durante o réxime nazi e condenado a pena de morte. O curioso do xuízo de Eichmann a ollos de Milgram foi o feito de que o acusado afirmou facelo unicamente por estar obedecendo ordes, cumprindo co seu deber, xustificación que foi tamén empregada por moitos outros acusados dese mesmo crime.

Iso foi o que levou a Milgram a intentar descubrir ata que punto o ser humano se somete á norma, á obediencia e á conformidade. 

3.   Outros experimentos similares:

Entre os anos 50 e 70 do século pasado, leváronse a cabo unha serie de diversas investigacións e experimentos centrados nos aspectos psicolóxicos do ser humano, concretamente no ámbito do control social, a conformidade e a influencia da autoridade e o entorno. Dentro destes, cabe destacar algúns exemplos nos que se poden atopar numerosas similitudes, tanto a nivel de obxectivos como de resultados, co experimento de Milgram e co realizado posteriormente en televisión.

3.1. O experimento de Asch:

O experimento de Asch, levado a cabo na década dos anos 50 por Solomon Asch, foi un dos primeiros experimentos que tiñan como obxectivo investigar ata que punto a presión de grupo podía afectar ao suxeito individual e dirixilo ata un comportamento conformista.

O protocolo do experimento foi bastante simple e similar ao de Milgram: reuníanse oito suxeitos en torno a unha mesa, dos cales soamente un estaba sendo realmente examinado. Cada suxeito tiñas que ir contestando unha serie de preguntas nun orde determinado. As primeiras respostas a aportar tiñan que ser correctas, para evitar sospeitas, pero posteriormente os suxeitos “falsos” iban aportando respostas erróneas.

Exceptuando ao grupo de control, que non se vía afectado pola presión de grupo, os resultados obtidos nos outros grupos amosaban que, aproximadamente, un terzo dos suxeitos analizados daban respostas incorrectas se observaban aos demais facelo. O que non se puido demostrar foron as causas dese comportamento, se se debía a que os individuos comezaban a dubidar de si mesmos, ou simplemente non manifestaban a súa verdadeira opinión fronte ao resto.
A pesar de que posteriormente se realizaron diferentes versións do experimento, cada unha con lixeiras variacións nos resultados, a conclusión foi clara: a presión de grupo si afecta ao comportamento das persoas, o que pode levar ao conformismo.

3.2. O experimento da Terceira Ola:

A “Terceira Ola” foi un experimento social levado a cabo polo profesor Ron Jones, en California, no 1969. A idea do experimento xurdiu cando os alumnos de Jones lle preguntaron como podía ser que os cidadáns alemáns aceptaran o réxime nacional socialista, e como puideron conformarse ante semellantes atrocidades.

O experimento levado a cabo polo profesor consistía en comezar un movemento social cos seus propios alumnos, que servira de exemplo para mostrarlles ata qué punto o ser humano é capaz de cambiar a súa individualidade por unha figura de autoridade e un sentido de grupo.

Durante cinco días, os alumnos foron arraigándose, cada vez máis, nun movemento que realmente non existía, baixo a autoridade dun líder que tampouco existía, adoptando unha posición de vontade de grupo que chegou a extremos que asustaron ao propio profesor.

Se ben o procedemento do experimento foi notablemente diferente ao realizado por Milgram, demostrou que someterse ao liderazgo e á autoridade pode influír notablemente no comportamento das persoas, ata chegar a un punto no que se cuestiona se está ben ou mal, xa que a individualidade do suxeito desaparece. O peso que a figura autoritaria exerce neste experimento é comparable á de Milgram, así como o feito de que o movemento nazi foi inspirador e causa do experimento.

3.3. O experimento da cárcere de Stanford:

 O experimento de Stanford foi levado a cabo no ano 1971, na Universidade de Stanford nos Estados Unidos de América, concretamente na facultade de Psicoloxía, e cuxa investigación foi dirixida polo experto en psicoloxía social Philip Zimbardo.

De forma moi breve, o experimento consistía en reunir a unha serie de mozos universitarios, todos varóns, cun perfil similar, para que viviran nunha prisión simulada nos sótanos da facultade durante unha ou dúas semanas. Ao grupo de estudantes se lles dividía en dous: uns serían prisioneiros e outros gardiáns.

Nun principio o experimento non amosaba síntomas de ser extremadamente perigoso, pero a medida que avanzaba, cada un dos individuos ía asumindo o seu rol dentro do grupo, ata que se perdeu o control da situación. Os gardiáns comezaron a levar a cabo castigos físicos e psicolóxicos de forma paulatina ata chegar a un punto en que rozaban o límite da humillación gratuíta, e chegaron a negarlles a comida.
Todo canto sucedía nesa cárcere se levaba a cabo como se fora unha situación real, desde o momento en que se arrestaba aos prisioneiros ata o momento en que estes deciden organizar entre eles un motín de escapada.

A violencia e humillación do experimento levou a que nin sequera os propios suxeitos do experimento, que estaban participando na investigación, eran conscientes do que estaba pasando, xa que interiorizaran os seus respectivos roles e deixaran atrás a súa individualidade.
De feito, foi precisa a intervención dunha rapaza externa ao experimento para que o propio doutor Zimbardo, coordinador do experimento, se dera conta de que a investigación estaba traspasando os límites da ética e a moral.

En definitiva, pese á cuestionabilidade do experimento tanto a nivel moral como científico, o que si demostrou foi que o ser humano chega a extremos nos que a individualidade desaparece, aparecendo no seu lugar unha identificación cun grupo e un rol determinado que cumprir, e que en ocasións extremas, este xogo de rol pode atravesar os límites do eticamente correcto, tal como se amosou no experimento da Terceira Ola.

4.   Cales son as fontes que aparecen no documental?

     No documental fase mención a diferentes fontes, persoas, empresas ou estudos anteriores, que teñen unha certa importancia dentro do propio experimento ou do documental.

     Entre elas, ademais do experimento de Milgram ao que xa se fixo referencia anteriormente en dito documento, non se mencionan moitos experimentos similares, pero que sí están presentes, polo tanto facemos especial mención tanto a termos concretos referidos ao ámbito televisivo como a empresas do sector.

     Por unha parte, concédeselle bastante presenza ao termo “telerrealidade”. Nos días de hoxe máis da metade da grella televisiva baséase en programas de telerrealidade, puidendoa definir coma a contraposición do xénero de ficción onde os actores e actrices son substituídos por personaxes reais, e a trama da historia consiste en mostrar aos espectadores a súa vida privada.

         MTV é unha das empresas ás que fan referencia, que naceu nos anos 80 coma a primeira cadea de televisión dedicada exclusivamente á difusión de vídeos musicais. Non obstante, coa chegada dos anos 90 e da presión da competencia, a MTV comezou a programar ficción con debuxos animados para adultos (Beavis e Butthead). Máis tarde chegaron os programas de debate humorístico e a telerrealidade  no que destacou considerablemente o reality sobre a vida da Familia do cantante Ozzy Osbourne. Hoxe en día a MTV unicamente emite tres horas de música diarias, co cal perdeu case totalmente o seu propósito principal de concibirse coma un programa integramente musical.

       Christopher Nick é o autor e produtor deste documental estudado e  feito para medir o poder da televisión sobre os individuos. Dende o seu punto de vista trátase dun mecanismo de obediencia similar ao funcionamento das relixións, dito mecanismo é o peso do sistema.
Jean-León Beauvois é un famoso psicólogo social francés que participou activamente neste documental, analizando a situación na que se encontraban os concursantes. Agora xubilado, tratou como profesor das universidades de París e Niza, varios experimentos sociais, dos cales moitos tratou en numerosos ensaios. Beauvois presidiu importantes asociacións profesionais, tales coma ARIP: Association pour la Recherche et l’Intervention Psychosociologique ; ADRIPS : Association pour la Diffusion de la Recherche Internationale en Psychologie Sociale, e dirixiu durante varios anos a Revue Internationale de Psychologie Sociale.

       Didier Courbet é profesor de Medicina e de Periodismo e Comunicación na universidade de Marsella. Foi investigador no Instituto de Investigación IRSIC, onde é actualmente o director Adxunto e profesor asociado da Universidade de Laval en Canadá e GPCR (Quebec). Especializouse no estudo das interaccións entre os seres humanos e a tecnoloxía da información e as comunicacións en dúas zonas con fortes problemas sociais, económicos e de saúde. En dito documental trata o carácter dos concursantes e a súa reacción ante as situacións de dor do actor.

        Yves Jeanneret é un profesor universitario en ciencias da información e comunicación de París. Lidera a "Innovación en comunicación e medios " púlpito de Celsa París ou CELSA.
Converteuse en profesora da Escola Nacional de Telecomunicacións, onde creou e dirixiu o departamento de "formación humana". Despois de ensinar na Universidade de Lille III "Charles de Gaulle", dirixiu o grupo de investigación Celsa (GRIPIC), leva 2002 a 2005, vice-director da NCH Lalic (París-Sorbonne University - CNRS), logo asume a responsabilidade pola mención master "estratexia de desenvolvemento cultural" da Universidade de Avignon, retornou en 2010 a Celsa para participar no desenvolvemento educativo e científico.
Participou na emisión deste documental publicándoo en “La Noche Temática”.

         Dominique Oberle, profesora de psicoloxía social na universidade de Nanterre, en París que ao igual que Beauvois trata o estado axéntico e as conclusión do experimento televisivo.
Actualmente traballa na validación dos coñecementos producidos por un grupo social. Non obstante, actuou como formadora e consultora en moitas organizacións e empresas. Un libro en relación co documental: Beauvois, J.-L., Courbet, D., & Oberlé, D. (2012). The prescriptive power of the television host. A transposition of Milgram's obedience paradigm to the context of TV game show.

       France Télévisions é a empresa televisiva pública francesa. Trátase dunha sociedade conformada por dúas canles (France 2 e France 3) aos que máis tarde engadíronse o resto das canles públicas. As canles que pertencen a France Télévision son France 2, canle xeral dirixida a tódolos públicos con todo tipo de programación (series importadas, ficción, programas de entretemento e informativos, xunto con grandes festivais como Eurovisión. France 3 é unha canle xeral con desconexións rexionais, dirixido principalmente a un público adulto con programación rexional e local en seis linguas diferentes.
                                                                                                                                 
    France 4 é outra canle xeral dirixida ao público xuvenil e infantil, no que se combina a programación infantil (Bloque ZOUSZOUS) con series, comedias e ficción internacional da programación xuvenil (Bloque LUDO).

       France 5, canle dedicada á cultura e a divulgación do coñecemento.

    France Ô – canle que ofrece os mellores programas dos departamentos de ultramar para os espectadores da Francia Metropolitana, o seu carácter cultural permítelle ofrecer series e cine doutros continentes tales como África, Asia ou Sudamérica.

        Olivier Codou é un investigador francés que participou no documental “Le jeu de la mort”.
Algúns dos seus libros que teñen relación co documental son os mencionados:
Ideological priming and normative dimensions of individualism, 2011.
Revue internationale de psychologie sociale, 2012.

5.   Conclusión

          Durante o transcorro da humanidade, sempre houbo poderosos, que ditaban ordes e os sumisos, aqueles que as obedecían fose cal fose o acto a realizar, xa sexa matar, violar, maltratar...etc. Polo tanto, a presión da autoridade é fundamental á hora de entender porque realizamos ditos actos, porque nos vemos oprimidos e só buscamos unha escapatoria, que só se encontra na obediencia ao superior.

Nuestro mapa conceptual del experimento que se llevo a cabo en el documental:



                                                            Bibliografía

Alandete, D. (2011). Y la telerrealidad mató a la cadena de videoclips. 1 marzo, 2016, de El País Sitio web: http://elpais.com/diario/2011/08/02/revistaverano/1312236006_850215.html

Amado, G., Blanc, A., Bornot, T. (Directores). (2010). Le jeu de la mort (TV). Francia: Metropole Films / Canal D.

Celsa. (s.d.). Yves Jeanneret. 15 marzo, 2016, de Celsa Sitio web: http://www.celsa.fr/pub/recherche/popup/popup-YvesJeanneret.php

Círculo de Bellas Artes. (s.d.). Jean-Léon Beauvois. 15 marzo, 2016, de Círculo de Bellas Artes de Madrid Sitio web: http://www.circulobellasartes.com/biografia/jean-leon-beauvois/

De Boeck Supérieur. (s.d.). Julien Intartaglia. 15 marzo, 2016, de De Boeck Supérieur Sitio web: http://www.deboecksuperieur.com/auteurs/127070/julien-intartaglia.html

De Vos, J. (2015, setembro). "Ahora que lo sabes, ¿cómo te sientes?" El Experimento de Stanley Milgram y la psicologización. Aesthethika, 11, 48-75. 8 marzo, 2016, De http://www.aesthethika.org/Ahora-que-lo-sabes-como-te-sientes  Base de datos.

Decitre. (s.d.). Dominique Oberlé. 15 marzo, 2016, de Babelio Sitio web: http://www.babelio.com/auteur/Dominique-Oberle/59425

Explorable. (2008). El experimento de Milllgram: La obediencia a la Autoridad. 5 marzo, 2016, de Explorable Sitio web: https://explorable.com/es/el-experimento-de-milgram 

Lacort, J. (2015). La historia del experimento de Stanford, el estudio psicológico que acabó en horror. 8 marzo, 2016, de Hipertextual Sitio web: http://hipertextual.com/2015/03/experimento-de-stanford

Mayorga, E. (2011). La televisión nos controla. 5 marzo, 2016, de Hermosillo Sitio web: http://blogs.periodistadigital.com/hermosillo.php/2011/10/03/la-television-nos-controla

Morelle Ventura, J. (2013). Telerrealidad, la historia del Reality Show. 1 marzo, 2016, de Columnazero Sitio web: http://columnazero.com/telerrealidad-la-historia-del-reality-show/

Rodríguez, D. (2011). “La Ola”: Experimento sociológico que recreó un régimen fascista en un aula de EE.UU. 4 marzo, 2016, Sitio web: https://pensamientoparatodo.wordpress.com/2011/12/08/la-ola-experimento-sociologico-que-recreo-un-regimen-fascista-en-un-aula-de-ee-uu

Sayavera, P. (2007). El peligro de la obediencia. 1 marzo, 2016, de KINDSEIN Sitio web: http://www.kindsein.com/es/20/2/471/

Shuttleworth, M. (2008). El experimento de Asch. 4 marzo, 2016, de Explorable Sitio web: https://explorable.com/es/el-experimento-de-asch

Wikipédia. (2016). France Télévisions. 1 marzo, 2016, de Wikipédia Sitio web: https://es.wikipedia.org/wiki/France_T%C3%A9l%C3%A9visions

Wikipédia. (2015). Yves Jeanneret. 15 marzo, 2016, de Wikipédia Sitio web: https://fr.wikipedia.org/wiki/Yves_Jeanneret





                                                      

luns, 7 de marzo de 2016

Fases para a realización dun proxecto audiovisual


Para levar a cabo a realización dun proxecto audiovisual propio, xa sexa unha película, un capítulo dunha serie, stop-motion, videoxogo....etc, necesitamos seguir uns pasos para conseguir que a idea inicial, pase a ser unha realidade fílmica.  Adentrémonos polo tanto no primeiro paso:
1.         

      Pre-produción:


·         Primeiro temos que ter unha idea de cómo vai a ser o noso proxecto, poden ser varias ideas que durante o proxecto pódense incorporar ou O guión é un dos elementos clave neste apartado, pois graxas a él seguimos un esquema e unha maior organización no proxecto (No guión ben establecido as anotacións e o que din os personaxes). Os guionistas desenvólvense nesta área.
·          O seguinte sería a elaboración dun storyboard, e dicir, debuxar os planos e personaxes que aparecen na nosa idea inicial.

Unha vez realizado os pasos anteriores, continuamos co paso 2:
2.      

      Produción ou realización:


·         A parte cume da rodaxe, pois empezase a planificar os días de rodaxe, a financiación, os castings...etc. Polo tanto, contamos cun gran repertorio laboral, dende produtores, actores e actrices, maquillaxe, técnicos de iluminación...etc. A localización de exteriores e interiores, xunto coa decoración, é importante para calquer proxecto.

O último toque do noso proxecto audiovisual recae na fase definitiva:
3.     

            Post-produción:



·         Consiste en esamblar os planos grabados na fase de realización, levado a cabo polo equipo de montaxe (montador e axudantes, xunto co director da película). O proceso consiste en pegar un plano con outro para darlle continuidade, rechazar ou incorporar planos, establecer a música e os efectos especiais (se é necesario), co fin de conseguir a esencia fílmica, finalizando así o noso proxecto para ensinásello ao público.
The Hunger Games Mockingjay Pin