Autoridade e
televisión: “El juego de la muerte”
“Le jeu
de la mort” é un documental que
reproduce un experimento social realizado en Francia no ano 2009, o cal tiña
como obxectivo analizar ata que punto chegaba a influír a autoridade no
comportamento dos suxeitos en televisión.
O experimento consistía en captar un amplo número
de suxeitos aos que, unha vez se ofreceran voluntariamente, se lles dicía que
ían participar no episodio piloto dun concurso televisivo. O concurso contaba
con dous participantes, un examinador (o voluntario que ía ser suxeito da
investigación), e o examinado, representado por un actor.
O
examinador situábase no plató, acompañado pola presentadora e polo público, e
era o encargado de realizarlle ao examinado (que se atopaba nunha especie de
sala externa, fóra da vista do examinador, sentado nunha cadeira metálica) unha
serie de preguntas. Se o examinado se equivocaba, o concursante víase obrigado
a proporcionarlle unha descarga eléctrica, cuxa voltaxe ía en aumento a medida
que crecía o número de erros.
O falso examinado respondía ante o castigo con
gritos gravados, e manifestaba o seu desexo de parar, pero os resultados do
experimento amosaron que un 81% dos suxeitos chegaron ata o final, e que o
público tamén amosaba sumisión ante a autoridade representada pola
presentadora.
1. Qué se
trata no documental?
Neste documental trátase principalmente o tema da obediencia
e sumisión que manifestan determinados
individuos, en representación do resto da sociedade, ante a autoridade. Con
isto, púñanse en xogo os valores éticos e morais dos concursantes, cando eran
eles os encargados de aplicar un castigo físico a un descoñecido baixo a
presión da autoridade, neste caso representada polo programa de televisión e a
presentadora, aínda que realmente eran ficticios, unha simple interpretación.
2. Antecedentes
do experimento
2.1 Stanley Milgram
O experimento realizado no 2009 do
que trata o documental baseouse nun experimento anterior realizado polo
psicólogo estadounidense Stanley Milgram. O método de experimento foi moi
similar, case idéntico ao programa francés, coa excepción de que non se
centraba no ámbito televisivo, se ben é certo que aos participantes se lles
comunicaba que estaban sendo gravados. Tamén contaba con dos suxeitos,
examinador e examinado, situados en dúas cabinas illadas, e o proceso de preguntas
e respostas era exactamente igual. O castigo tamén era unha descarga
eléctrica, e o examinado era tamén un
actor que proporcionaba unha resposta falsa.
Os resultados
obtidos por Milgram, sen embargo, foron máis baixos que os do experimento
realizado no 2009: un 65% dos participantes foron capaces de outorgar a
descarga máxima de 450 voltios, case un 20% menos que no programa.
2.2
Obediencia ao III Reich
O holocausto nazi foi o punto de partida que levou a Milgram a desenvolver
e poñer en práctica, a partires de 1961, este experimento social cuxo obxectivo
consistía en analizar ata que punto a xente común podía ser sometida a calquer
forma de autoridade, de xeito que fixera o que esta lle pedira, incluso se isto
requiría facer dano extremo a outros.
A investigación de Milgram presenta influencias de outras personalidades do
ámbito da psicoloxía, centrados no tema da conformidade social, que tivo gran
presenza durante o período de entreguerras (1918-1939) e que xustifica o
interés que Milgram puxo nese asunto.
Concretamente, o caso que lle chamou a atención foi o xuízo do tenente
coronel das SS Adolf Eichmann no 1960, unha persoa con boa saúde física e
mental, que foi acusado e culpable de levar a cabo crimes contra a humanidade durante
o réxime nazi e condenado a pena de morte. O curioso do xuízo de Eichmann a
ollos de Milgram foi o feito de que o acusado afirmou facelo unicamente por
estar obedecendo ordes, cumprindo co seu deber, xustificación que foi tamén
empregada por moitos outros acusados dese mesmo crime.
Iso foi o que levou a Milgram a intentar descubrir ata que punto o ser
humano se somete á norma, á obediencia e á conformidade.
3. Outros
experimentos similares:
Entre os anos 50 e 70 do século pasado, leváronse a cabo unha serie de
diversas investigacións e experimentos centrados nos aspectos psicolóxicos do
ser humano, concretamente no ámbito do control social, a conformidade e a
influencia da autoridade e o entorno. Dentro destes, cabe destacar algúns exemplos
nos que se poden atopar numerosas similitudes, tanto a nivel de obxectivos como
de resultados, co experimento de Milgram e co realizado posteriormente en
televisión.
3.1.
O
experimento de Asch:
O experimento de Asch, levado a cabo na década dos anos 50 por Solomon
Asch, foi un dos primeiros experimentos que tiñan como obxectivo investigar ata
que punto a presión de grupo podía afectar ao suxeito individual e dirixilo ata
un comportamento conformista.
O protocolo do experimento foi bastante simple e similar ao de Milgram:
reuníanse oito suxeitos en torno a unha mesa, dos cales soamente un estaba
sendo realmente examinado. Cada suxeito tiñas que ir contestando unha serie de
preguntas nun orde determinado. As primeiras respostas a aportar tiñan que ser
correctas, para evitar sospeitas, pero posteriormente os suxeitos “falsos” iban
aportando respostas erróneas.
Exceptuando ao grupo de control, que non se vía afectado pola presión de
grupo, os resultados obtidos nos outros grupos amosaban que, aproximadamente,
un terzo dos suxeitos analizados daban respostas incorrectas se observaban aos
demais facelo. O que non se puido demostrar foron as causas dese comportamento,
se se debía a que os individuos comezaban a dubidar de si mesmos, ou
simplemente non manifestaban a súa verdadeira opinión fronte ao resto.
A pesar de que posteriormente se realizaron diferentes versións do
experimento, cada unha con lixeiras variacións nos resultados, a conclusión foi
clara: a presión de grupo si afecta ao comportamento das persoas, o que pode
levar ao conformismo.
3.2.
O
experimento da Terceira Ola:
A “Terceira Ola”
foi un experimento social levado a cabo polo profesor Ron Jones, en California,
no 1969. A idea do experimento xurdiu cando os alumnos de Jones lle preguntaron
como podía ser que os cidadáns alemáns aceptaran o réxime nacional socialista,
e como puideron conformarse ante semellantes atrocidades.
O experimento levado a cabo polo profesor consistía en comezar un movemento
social cos seus propios alumnos, que servira de exemplo para mostrarlles ata
qué punto o ser humano é capaz de cambiar a súa individualidade por unha figura
de autoridade e un sentido de grupo.
Durante cinco días, os alumnos foron arraigándose, cada vez máis, nun
movemento que realmente non existía, baixo a autoridade dun líder que tampouco
existía, adoptando unha posición de vontade de grupo que chegou a extremos que
asustaron ao propio profesor.
Se ben o procedemento do experimento foi notablemente diferente ao
realizado por Milgram, demostrou que someterse ao liderazgo e á autoridade pode
influír notablemente no comportamento das persoas, ata chegar a un punto no que
se cuestiona se está ben ou mal, xa que a individualidade do suxeito
desaparece. O peso que a figura autoritaria exerce neste experimento é
comparable á de Milgram, así como o feito de que o movemento nazi foi inspirador
e causa do experimento.
3.3.
O
experimento da cárcere de Stanford:
O experimento de Stanford foi levado
a cabo no ano 1971, na Universidade de Stanford nos Estados Unidos de América,
concretamente na facultade de Psicoloxía, e cuxa investigación foi dirixida
polo experto en psicoloxía social Philip Zimbardo.
De forma moi breve, o experimento consistía en reunir a unha serie de mozos
universitarios, todos varóns, cun perfil similar, para que viviran nunha
prisión simulada nos sótanos da facultade durante unha ou dúas semanas. Ao
grupo de estudantes se lles dividía en dous: uns serían prisioneiros e outros
gardiáns.
Nun principio o experimento non amosaba síntomas de ser extremadamente
perigoso, pero a medida que avanzaba, cada un dos individuos ía asumindo o seu
rol dentro do grupo, ata que se perdeu o control da situación. Os gardiáns
comezaron a levar a cabo castigos físicos e psicolóxicos de forma paulatina ata
chegar a un punto en que rozaban o límite da humillación gratuíta, e chegaron a
negarlles a comida.
Todo canto sucedía nesa cárcere se levaba a cabo como se fora unha
situación real, desde o momento en que se arrestaba aos prisioneiros ata o
momento en que estes deciden organizar entre eles un motín de escapada.
A violencia e humillación do experimento levou a que nin sequera os propios
suxeitos do experimento, que estaban participando na investigación, eran conscientes
do que estaba pasando, xa que interiorizaran os seus respectivos roles e
deixaran atrás a súa individualidade.
De feito, foi precisa a intervención dunha rapaza externa ao experimento
para que o propio doutor Zimbardo, coordinador do experimento, se dera conta de
que a investigación estaba traspasando os límites da ética e a moral.
En definitiva, pese á cuestionabilidade do experimento tanto a nivel moral
como científico, o que si demostrou foi que o ser humano chega a extremos nos
que a individualidade desaparece, aparecendo no seu lugar unha identificación cun
grupo e un rol determinado que cumprir, e que en ocasións extremas, este xogo
de rol pode atravesar os límites do eticamente correcto, tal como se amosou no
experimento da Terceira Ola.
4. Cales
son as fontes que aparecen no documental?
No documental fase mención a diferentes
fontes, persoas, empresas ou estudos anteriores, que teñen unha certa
importancia dentro do propio experimento ou do documental.
Entre elas, ademais do experimento de
Milgram ao que xa se fixo referencia anteriormente en dito documento, non se
mencionan moitos experimentos similares, pero que sí están presentes, polo
tanto facemos especial mención tanto a termos concretos referidos ao ámbito
televisivo como a empresas do sector.
Por unha parte, concédeselle bastante
presenza ao termo “telerrealidade”. Nos días de hoxe máis da metade da grella
televisiva baséase en programas de telerrealidade, puidendoa definir coma a
contraposición do xénero de ficción onde os actores e actrices son substituídos
por personaxes reais, e a trama da historia consiste en mostrar aos
espectadores a súa vida privada.
MTV
é unha das empresas ás que fan referencia, que naceu nos anos 80 coma a
primeira cadea de televisión dedicada exclusivamente á difusión de vídeos
musicais. Non obstante, coa chegada dos anos 90 e da presión da competencia, a
MTV comezou a programar ficción con debuxos animados para adultos (Beavis e
Butthead). Máis tarde chegaron os programas de debate humorístico e a telerrealidade no que destacou considerablemente o reality
sobre a vida da Familia do cantante Ozzy Osbourne. Hoxe en día a MTV unicamente
emite tres horas de música diarias, co cal perdeu case totalmente o seu
propósito principal de concibirse coma un programa integramente musical.
Christopher
Nick é o autor e produtor deste documental estudado e feito para medir o poder da televisión sobre
os individuos. Dende o seu punto de vista trátase dun mecanismo de obediencia
similar ao funcionamento das relixións, dito mecanismo é o peso do sistema.
Jean-León Beauvois
é un famoso psicólogo social francés que participou activamente neste
documental, analizando a situación na que se encontraban os concursantes. Agora
xubilado, tratou como profesor das universidades de París e Niza, varios
experimentos sociais, dos cales moitos tratou en numerosos ensaios. Beauvois
presidiu importantes asociacións profesionais, tales coma ARIP: Association
pour la Recherche et l’Intervention Psychosociologique ; ADRIPS : Association
pour la Diffusion de la Recherche Internationale en Psychologie Sociale, e
dirixiu durante varios anos a Revue Internationale de Psychologie Sociale.
Didier
Courbet é profesor de Medicina e
de Periodismo e Comunicación na universidade de Marsella. Foi investigador no
Instituto de Investigación IRSIC, onde é actualmente o director Adxunto e
profesor asociado da Universidade de Laval en Canadá e GPCR (Quebec).
Especializouse no estudo das interaccións entre os seres humanos e a tecnoloxía
da información e as comunicacións en dúas zonas con fortes problemas sociais,
económicos e de saúde. En dito documental trata o carácter dos concursantes e a
súa reacción ante as situacións de dor do actor.
Yves
Jeanneret é un profesor universitario en ciencias da información e
comunicación de París. Lidera a "Innovación en comunicación e medios
" púlpito de Celsa París ou CELSA.
Converteuse en profesora
da Escola Nacional de Telecomunicacións, onde creou e dirixiu o departamento de
"formación humana". Despois de ensinar na Universidade de Lille III
"Charles de Gaulle", dirixiu o grupo de investigación Celsa (GRIPIC),
leva 2002 a 2005, vice-director da NCH Lalic (París-Sorbonne University -
CNRS), logo asume a responsabilidade pola mención master "estratexia de
desenvolvemento cultural" da Universidade de Avignon, retornou en 2010 a
Celsa para participar no desenvolvemento educativo e científico.
Participou na
emisión deste documental publicándoo en “La Noche Temática”.
Dominique
Oberle, profesora de psicoloxía
social na universidade de Nanterre, en París que ao igual que Beauvois trata o
estado axéntico e as conclusión do experimento televisivo.
Actualmente traballa
na validación dos coñecementos producidos por un grupo social. Non obstante, actuou
como formadora e consultora en moitas organizacións e empresas. Un libro en
relación co documental: Beauvois, J.-L., Courbet, D., & Oberlé, D. (2012).
The prescriptive power of the television host. A transposition of Milgram's
obedience paradigm to the context of TV game show.
France
Télévisions é a empresa televisiva pública francesa. Trátase dunha
sociedade conformada por dúas canles (France 2 e France 3) aos que máis tarde
engadíronse o resto das canles públicas. As canles que pertencen a France
Télévision son France 2, canle xeral dirixida a tódolos públicos con todo tipo
de programación (series importadas, ficción, programas de entretemento e
informativos, xunto con grandes festivais como Eurovisión. France 3 é unha
canle xeral con desconexións rexionais, dirixido principalmente a un público
adulto con programación rexional e local en seis linguas diferentes.
France 4 é outra canle xeral dirixida
ao público xuvenil e infantil, no que se combina a programación infantil
(Bloque ZOUSZOUS) con series, comedias e ficción internacional da programación
xuvenil (Bloque LUDO).
France
5, canle dedicada á cultura e a
divulgación do coñecemento.
France
Ô – canle que ofrece os mellores
programas dos departamentos de ultramar para os espectadores da Francia
Metropolitana, o seu carácter cultural permítelle ofrecer series e cine doutros
continentes tales como África, Asia ou Sudamérica.
Olivier
Codou é un investigador francés que participou no documental “Le jeu de la mort”.
Algúns dos seus
libros que teñen relación co documental son os mencionados:
Ideological
priming and normative dimensions of individualism, 2011.
Revue internationale
de psychologie sociale, 2012.
5.
Conclusión
Durante o transcorro da humanidade, sempre
houbo poderosos, que ditaban ordes e os sumisos, aqueles que as obedecían fose
cal fose o acto a realizar, xa sexa matar, violar, maltratar...etc. Polo tanto,
a presión da autoridade é fundamental á hora de entender porque realizamos
ditos actos, porque nos vemos oprimidos e só buscamos unha escapatoria, que só
se encontra na obediencia ao superior.
Alandete, D. (2011). Y
la telerrealidad mató a la cadena de videoclips. 1 marzo, 2016, de El País
Sitio web: http://elpais.com/diario/2011/08/02/revistaverano/1312236006_850215.html
Amado, G., Blanc, A., Bornot, T. (Directores). (2010). Le jeu de la mort (TV). Francia:
Metropole Films / Canal D.
Celsa. (s.d.). Yves
Jeanneret. 15 marzo, 2016, de Celsa Sitio web: http://www.celsa.fr/pub/recherche/popup/popup-YvesJeanneret.php
Círculo de Bellas Artes. (s.d.). Jean-Léon Beauvois. 15 marzo, 2016, de Círculo de Bellas Artes de
Madrid Sitio web: http://www.circulobellasartes.com/biografia/jean-leon-beauvois/
De Boeck Supérieur. (s.d.). Julien Intartaglia. 15 marzo,
2016, de De Boeck Supérieur Sitio web: http://www.deboecksuperieur.com/auteurs/127070/julien-intartaglia.html
De Vos, J. (2015, setembro). "Ahora que lo sabes, ¿cómo te sientes?" El Experimento de Stanley Milgram y la psicologización.
Aesthethika, 11, 48-75. 8 marzo, 2016, De http://www.aesthethika.org/Ahora-que-lo-sabes-como-te-sientes Base de datos.
Decitre. (s.d.). Dominique
Oberlé. 15 marzo, 2016, de Babelio Sitio web: http://www.babelio.com/auteur/Dominique-Oberle/59425
Explorable. (2008). El
experimento de Milllgram: La obediencia a la Autoridad. 5 marzo, 2016, de
Explorable Sitio web: https://explorable.com/es/el-experimento-de-milgram
Lacort, J. (2015). La
historia del experimento de Stanford, el estudio psicológico que acabó en
horror. 8 marzo, 2016, de Hipertextual Sitio web: http://hipertextual.com/2015/03/experimento-de-stanford
Mayorga, E. (2011). La
televisión nos controla. 5 marzo, 2016, de Hermosillo Sitio web: http://blogs.periodistadigital.com/hermosillo.php/2011/10/03/la-television-nos-controla
Morelle Ventura, J. (2013). Telerrealidad, la historia del Reality Show. 1 marzo, 2016, de
Columnazero Sitio web: http://columnazero.com/telerrealidad-la-historia-del-reality-show/
Rodríguez, D. (2011). “La
Ola”: Experimento sociológico que recreó un régimen fascista en un aula de
EE.UU. 4 marzo, 2016, Sitio web: https://pensamientoparatodo.wordpress.com/2011/12/08/la-ola-experimento-sociologico-que-recreo-un-regimen-fascista-en-un-aula-de-ee-uu
Sayavera, P. (2007). El
peligro de la obediencia. 1 marzo, 2016, de KINDSEIN Sitio web: http://www.kindsein.com/es/20/2/471/
Shuttleworth, M. (2008). El
experimento de Asch. 4 marzo, 2016, de Explorable Sitio web: https://explorable.com/es/el-experimento-de-asch
Wikipédia. (2016). France
Télévisions. 1 marzo, 2016, de Wikipédia Sitio web: https://es.wikipedia.org/wiki/France_T%C3%A9l%C3%A9visions
Wikipédia. (2015). Yves
Jeanneret. 15 marzo, 2016, de Wikipédia Sitio web: https://fr.wikipedia.org/wiki/Yves_Jeanneret
Hai que facilitar ao usuario a posibilidade de desconectar a música. Si quitas o son do ordenador tamén suprimes a música que poidas estar escoitando.
ResponderEliminarFalta indicar o manual de estilo usado. Con todo, non entendo de El País sitio web... E tampouco entendo a referencia a 2016, será data de consulta, pero non sei en que manual de estilo aparece deste xeito.
ResponderEliminare na relación de fontes as televisións e a telerrealidade era pouco importante. sí era importante o equipo científico no que faltan referencias, o documetnalista, o infografista e o uso das imaxes de arquivo.
Non hai nin unha soa cita.
O da música non sei si foi un problema meu ou é que tendes música de fondo.
ResponderEliminarO mapa conceptual: non se visualiza ben. Habería que traballado un pouquiño e recortar todo o espazo en branco que hai abaixo.
ResponderEliminar