Sánchez e Iglesias
Artigo de Ignacio Bermúdez de Castro, publicado no xornal "La Voz de Galicia".
O artigo a tratar contextualizase na España despois das eleccións democráticas do 20 de Decembro do 2015,poñendo en escena o caos das numerosas coalicións entre os diversos partidos, co obxetivo de crear un goberno conformado e estable ante a falta da maioría absoluta. Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE e Pablo Iglesias, líder de Podemos, xogan un rol moi importante no tratante as coalicións, pois a posibilidade de formar goberno entre ambos sería unha utopía. Sánchez desea satisfacer as súas ansias de alcanzar a presidencia por encima de todo, de ahí que Iglesias aproveite para manipulalo con propostas e pactos que este negará a favor do seu partido,concluíndo nun rexurdimento das eleccións. As novas eleccións serán o reflexo da incompetencia de Pedro Sánchez de formar goberno e da victoria absoluta de Podemos, utilizando como escalón hacia a presidencia a desolación do lider socialista.
Non se menciona ningunha fonte e os puntos principais serían Podemos, PSOE, España tras as votacións democráticas do 20-D.
Non se menciona ningunha fonte e os puntos principais serían Podemos, PSOE, España tras as votacións democráticas do 20-D.
O home que puido gobernar
De Xosé Luís Barreiro Rivas, publicado no xornal "La Voz de Galicia".
A situación política de España pódese resumir nun capítulo de Juego de Tronos, todos queren conseguir o trono da presidencia por encima de todo,mediante pactos e mentiras, sen atender as consecuencias que afectarán aos españois. O autor afirma a posibilidade de formación dun goberno presidido polo secretario xeral do partido socialista Pedro Sánchez, quen movido polas súas ansias de presidir a toda costa, estaría actuando realmente baixo os fios controladores de Pablo Iglesias, líder de Podemos. O propio Barreiro non está de acordo con este pacto, xa que non sería máis ca unha coalición negativa, que deshonraría os principios do socialismo. Na conciencia dos españois mantense a idea de que votar de novo sería un fracaso, pois voltaríamos a mesma situación de caos político. O home que puido gobernar, película de John Huston e título que preside o artigo a tratar, resume a situación de Pedro Sánchez, home que pode gobernar coa influencia de Podemos pero cego de toda dignidade á hora de deshonrar os principios do seu partido e dos seus votantes.
Mencionanse fontes, as cales xa se plasmaron no comentario, sendo a serie Juego de Tronos e a película O home que puido gobernar. Os puntos principais serían Pedro Sánchez, cego ante o desexo de poder, desolación do PSOE e a manipulación por parte de Podemos.
Comentario de: Uxía Meis Baliñas, Yaiza Serantes Martin, Marya Vizcaya Rey, Judit Fabeiro Valladares e Pedro Vilas González.
Comentario de: Uxía Meis Baliñas, Yaiza Serantes Martin, Marya Vizcaya Rey, Judit Fabeiro Valladares e Pedro Vilas González.
Ben a síntese.
ResponderEliminarEstaría ben incluír toda a referencia aos artigos, así como o enlace para poder consultalos. Non esquecer que estamos na WWW e os enlaces son un eixo elemental do sistema.
Falta a asociación entre estrutura de investigación e creación dun produto audiovisual.
ResponderEliminarNon atopo o traballo sobre a relación entre a estrutura da investigación e a elaboración dun produto audiovisual, algo que xa comentei no mesmo mes de febreiro.
ResponderEliminar